Castellano | Català | Galego | Euskara | English | Français | Italiano | Deutsch | 中文 | Kirundi

videollama.me

Política de privacidade

1. Quen é o responsable de tratamento dos teus datos?

Grupo de cooperación TEDECO
Universidad Politécnica de Madrid
CIF: Q2818015F

Campus de Montegancedo s/n
28660, Boadilla del Monte
Madrid, España

legal@videollama.me

2. Que datos recollemos?

  • Marca de tempo do acceso á páxina ou recurso
  • IP de orixe e páxina desde a que accedes (Referer)
  • Identificación do navegador que realiza a petición (User Agent)
  • Identificador da sala na que entras e se entras en modo experto

3. Con que finalidade tratamos os teus datos?

  • Para xerar estatísticas do uso do servizo
  • Para cumprir coa normativa de conservación de logs
  • Para resolver incidencias no servizo
  • Para mellorar a experiencia de usuario

4. Destinatarios de cesións ou transferencia de datos

Dada a natureza do servizo utilizamos a infraestrutura de meet. jit.si, a través do seu API, coa opción de configuración disableThirdPartyRequests para que non utilice o seguimento con Google Analitycs que teñen activado por defecto.

Unha vez entras na sala, estás nos seus servidores, cuxa política de privacidade é https://jitsi.org/meet-jit-si-privacy/

O resto de librerías cárganse desde o noso servidor, sen facer uso de CDNs nin outros servidores.

5.Cookies

Usamos unha cookie propia onde almacenamos os identificadores das salas nas que entraches desde ese dispositivo, que serve tanto para poder mostrarchas na portada, como para non mostrarche as instrucións para configurar o dispositivo cada vez que entres.

Todos os vídeos incrustados realízanse con youtube-nocookie, polo que tampouco se produce seguimento por parte de terceiros ata que lle dás a reproducir o vídeo.

Non usamos máis cookies, nin propias nin de terceiros.

Dereitos de autor e licenzas

Toda a web e os seus contidos están liberados no repositorio baixo a licenza GNU AFFERO GENERAL PUBLIC LICENSE, cuxo texto completo podes atopalo en:

LICENSE (github)